A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) subscribiron un convenio de colaboración para mellorar as condicións de compra dos produtos de alimentación das persoas con celiaquía. Un acordo que formalizaron a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e a presidenta de ACEGA, Gloria Bernárdez, no Hipermercado Eroski da Sionlla, en Santiago de Compostela.
Grazas a esta colaboración, máis de 2.000 familias galegas asociadas a ACEGA se beneficiarán dun 20% de desconto na compra de produtos sen glute, tanto de marca propia como de fabricante. Este beneficio está dispoñible en todos os establecementos Autoservicios Familia, Hipermercado Eroski, Eroski Center, Eroski City e Eroski Rapid, así como en compra en liña.

produtos sen glute galicia
La directora de Sostenibilidad y Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, y la presidenta de ACEGA, Gloria Bernárdez, formalizaron el acuerdo de colaboración


O aforro transferirase a través dun reembolso directo na tarxeta moedeiro de Eroski Club.
Este desconto está dispoñible para todas aquelas persoas que sexan socias de ACEGA e de Eroski Club. Para activalo, os usuarios recibirán desde a asociación un vale de adhesión, que deberán presentar nunha tenda xunto á súa tarxeta de fidelización. Unha vez activado, o desconto aplicarase automaticamente en tódalas compras das máis de 200 referencias sen glute incluídas na colaboración.

sen glute galicia
Vegalsa-Eroski formalizou este acordo coas asociacións de celiaquía das tres comunidades nas que ten presenza: a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), a Asociación Celíaca Principado de Asturias (ACEPA) e a Asociación Celíaca de Castilla y León (ACECALE)


“A través deste acordo, desde Vegalsa-Eroski reafirmamos o noso compromiso co benestar das persoas con celiaquía. Conscientes do esforzo económico que implica seguir unha alimentación sen glute, o noso obxectivo é facilitar o acceso a estes produtos a un prezo máis accesible”, sinala a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa da compañía, Gabriela González. “Dende ACEGA, valoramos de modo moi positivo o acordo alcanzado con Vegalsa-Eroski, xa que supón un avance significativo na accesibilidade a produtos sen glute para as persoas celíacas. A implantación dun desconto do 20% para as persoas asociadas, aliviará o impacto económico que supón seguir unha alimentación específica, e tamén demostra o compromiso da compañía coa inclusión e benestar deste colectivo. É un paso importante cara unha oferta alimentaria máis xusta, responsable e adaptada ás necesidades reais dos consumidores”, remarca a presidenta de ACEGA, Gloria Bernárdez.

Deja un comentario

Más noticias….