Os vermús de Bodegas Lodeiros veñen de ser recoñecidos con tres medallas de prata no International Wine Challenge 2026, un dos certames de viños máis prestixiosos do mundo, celebrado en Londres e con participación de máis de 50 países.

A adega compostelá converteuse ademais na única marca de vermú galardoada neste concurso internacional, no que os produtos son avaliados mediante catas a cegas por expertos de prestixio.

O vermú mellor valorado foi o vermello, que acadou 94 puntos sobre 100, quedando a só un punto da medalla de ouro. Tamén foron premiados o vermú vermello sen azucres engadidos, con 93 puntos, e o vermú branco, que obtivo 90 puntos.

Bodegas Lodeiros forma parte do programa de internacionalización “Galicia Avanza”, impulsado pola Xunta de Galicia, o Igape e Tecnópole, co obxectivo de apoiar a saída ao exterior de pemes galegas innovadoras.

Segundo o seu CEO, Pablo Lodeiros, este recoñecemento “supón un respaldo ao traballo do equipo e á aposta por vermús con identidade galega, que combinan tradición, calidade e sustentabilidade”.

Deja un comentario

Más noticias….