Viña Costeira presenta Costeira Treixadura Amor de Entroido, unha edición especial do seu emblemático viño do Ribeiro, coa que rende homenaxe a unha das celebracións máis singulares e arraigadas da cultura galega: o Entroido, reafirmando o seu compromiso con Galicia, coa súa cultura e co talento local.
Esta proposta nace como tributo á tradición popular e á forma en que se vive a festa en Galicia: celebración, tradición e comunidade; unha maneira moi nosa de xuntarnos arredor do que compartimos, igual que ocorre con Viña Costeira.
A etiqueta desta edición especial incorpora ilustracións da deseñadora galega Iria Prol, quen aporta unha mirada contemporánea reinterpretando de forma artística os símbolos do Entroido galego.
Entre os rombos característicos de Viña Costeira, a etiqueta recolle algunhas das figuras máis representativas do Entroido, como o Boteiro de Viana, o Felo de Maceda, o Cigarrón de Verín, a Pantallaza de Xinzo, o Boteiro de Vilariño ou o Peliqueiro de Laza, celebrando a diversidade e riqueza desta tradición popular.
Costeira Treixadura, elaborado coa variedade autóctona por excelencia do Ribeiro, convértese nun ponte entre tradición e modernidade, entre terra, cultura e creatividade. Fresco, expresivo e cheo de carácter, é o compañeiro perfecto dos encontros e celebracións que enchen de vida estas datas, igual que o Entroido enche de cor e alegría as nosas rúas.
Costeira Treixadura Amor de Entroido estará dispoñible por tempo limitado en establecementos de hostalería, puntos de venda seleccionados e na web da bodega.
Viña Costeira proclama o seu «Amor de Entroido» cunha edición limitada
A etiqueta desta edición especial incorpora ilustracións da deseñadora galega Iria Prol




Deja un comentario