Rodrigo Cuevas vén de estrear na súa canle de Youtube a súa última creación, Llagares,unha proposta audiovisual que recolle tres novos sinxelos do novo disco do cantante asturiano, Manual de belleza: Sácame a bailar, con Ana Belén, Asturcón e Una muerte ideal, na que colabora Grande Amore.
Llagares é o último avance que Rodrigo Cuevas dá a coñecer do seu Manual de belleza, cuxa presentación en Galicia será o 30 de abril no Coliseum da Coruña. As entradas para o único concerto que o asturiano ofrecerá este 2026 no país xa están á venda a través da plataforma www.ataquilla.com.




Deja un comentario