Co gallo da celebración de San Valentín, Chichalovers presenta unha campaña especial que une deseño, tenrura e compromiso social baixo o lema “Unha rifa, dúas historias de amor”.

A acción serve de marco para o lanzamento dos novos Chichas e Chichos, uns porquiños de peluche pensados como agasallo para celebrar o amor en todas as súas formas. Pero este lanzamento vai un paso máis alá: Chichalovers pon en marcha tamén unha rifa solidaria en colaboración coa Asociación Amigos Peludos de Teo, co obxectivo de apoiar o labor da protectora e contribuír a atoparlle unha casa a Bica, unha das cadelas actualmente en adopción.

A rifa, xa dispoñible en Chichalovers, ten un custo de 1 euro e estará activa ata o 28 de febreiro. O premio será o primeiro Chiche personalizado, unha edición limitada creada especialmente para esta ocasión, que inclúe mandilón e etiqueta especial de “oink”.

Segundo explican desde Chichalovers, a campaña nace coa intención de “celebrar o amor desde un lugar máis consciente, apostando por pequenos xestos que poden ter un impacto real”. A colaboración coa protectora busca tamén dar visibilidade ao traballo das asociacións que loitan a diario polo benestar animal.

A historia de Bica convértese así nun dos eixos emocionais da campaña, lembrando que o amor non só se regala, senón que tamén se constrúe e se comparte.

A través desta iniciativa, Chichalovers reafirma o seu compromiso cunha maneira de facer marca máis próxima, responsable e conectada co entorno, demostrando que a creatividade e a solidariedade poden ir da man.

Deja un comentario

Más noticias….