O alumnado do CIFP Imaxe e Son reivindicou un “teatro na EIS xa” tra-la estrea de Culpables de ser, un musical inspirado no universo literario de Circe de Begoña Caamaño, figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026.
O espectáculo é un proxecto final de ciclo que revisita a mitoloxía clásica dende o punto de vista das mulleres que foron silenciadas pola historia, e tivo que estrearse no Fórum Metropolitano debido á falta dun teatro propio dende hai xa dous anos.
O alumnado que puxo en escea o musical é o que actualmente estuda segundo, e está a piques de rematar o seu paso pola escola sendo a primeira xeración que non conta cun teatro dotado do equipamento de iluminación, son e imaxe fundamental para poner en práctica os contidos dos ciclos superiores de produción de audiovisuais e espectáculos; realización de proxectos audiovisuais e espectáculos; Iluminación,captación e tratamento de imaxe e son para audiovisuais e espectáculos.
O proceso de ensaios e preparación de todalas prácticas dos módulos de espectáculos vense limitadas pola falta de espazos e materiales técnicos de traballo. A comunidade educativa da Escola de Imaxe e Son trata de suplir con talento e imaxinación a carencia dunhas instalacións imprescindibles para unha formación profesional de calidade, pero estas xeracións de alumnado perderanse contidos e experiencias fundamentais para a súa preparación.
“Poderían os alumnos da formación profesional de hostalería formarse axeitadamente sen unha
cociña? Podedes imaxinar a facer un moble sen unha carpintería?” cuestionan dende o centro
no que se levan 34 anos formando os profesionais do audiovisual de Galicia.

Un momento do musical Culpables de Ser que tivo que celebrarse no Forum Metropolitano por falta dun teatro no CIFP Imaxe e Son

5 anos de promesas incumplidas da Consellería de Educación
A Escola de Imaxe e Son contaba cunha infraestructura vella que precisaba dunha renovación.
Unha obra que se iniciou hai dous cursos e se paralizou por problemas entre a Consellería de Educación e a empresa adxudicataria, deixando un furado no edificio e as instalacións e equipacións técnicas de iluminación, son e rexidoría sen poder empregarse dende entón.
A obra do teatro foi un compromiso da Consellería de Educación dende o ano 2020. Nun proceso administrativo longo, unha enxeñaría realizou un estudo técnico e un orzamento da intervención, tras o cal a Consellería licitou a obra. Unha vez adxudicada a unha empresa, non se puido iniciar a execución porque non se contaba aínda coa licenza de obra do Concello nin coa de AENA, que tardaron varios meses en concederse. Cando finalmente se obtiveron, a empresa adxudicataria renunciou, pois xa tiña comprometidas outras obras.
A Consellería tivo que convocar unha nova licitación, o que supuxo outro atraso. En 2023, as obras comezaron finalmente, retirando o patio de butacas e o revestimento do teatro. Nese momento, detectouse que o informe da enxeñaría inicial non contemplaba certas dificultades técnicas, como a necesidade de retirar manualmente o encofrado, entre outras cuestións. A empresa comunicou entón á Consellería que o orzamento debía incrementarse de forma considerable. A unidade técnica da Consellería desprazouse ao centro para verificar a situación e informou de que estaban a negociar unha contraoferta coa empresa para poder continuar coa execución. Dende entón, o único que hai no CIFP Imaxe e Son respecto do teatro e incentidume, xa que a Consellería dí non saber aínda se a empresa aceptará as novas condicións, e, en caso contrario, habería que proceder a unha nova licitación, o que implicaría un novo atraso. O feito é que dende maio de 2024 a comunidade educativa conta cun buraco no canto dun teatro, e ausencia de solucións dende a Consellería.

Deja un comentario

Más noticias….