A actividade «Durmindo con Tiburóns», que volverá nos meses de marzo e abril ao Aquarium Finisterrae. Esta iniciativa, concibida para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos, implica á rapazada en talleres sobre a bioloxía dos tiburóns, unha proposta que esta vez coincide no tempo co 20º aniversario da chegada ao acuario coruñés de Gastón, o tiburón touro da sala Nautilus.
Será xustamente alí, na sala, onde tamén durmirán as mozas e mozos participantes, rodeados de peixes.

Convocaranse dúas sesións para os vindeiros dous meses: os días 27 de marzo e 24 de abril. Ambas as quendas están dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, e para cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, nun horario que se estende desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.
A preinscrición para ambas as sesións abrirase en liña ás 9.00 horas do luns 2 de marzo, a través do formulario.

Deja un comentario

Más noticias….