O Servizo Galego de Saúde está a ultimar a posta en marcha dun novo Proceso Asistencial Integrado destinado aos pacientes con hipertensión arterial pulmonar no Servizo Galego de Saúde. A Estratexia Galega en Enfermidades Raras, unha folla de ruta coa que busca optimizar a asistencia e os coidados que o sistema sanitario público lle presta ás persoas que padecen este tipo de enfermidades.

Dotada cun orzamento de 400 millóns de euros para os vindeiros cinco anos, a Consellería de Sanidade impulsa unha serie de medidas que perseguen optimizar os tempos de diagnóstico e facilitar o acceso aos tratamentos.
O obxectivo específico da nova Estratexia de aumentar cada ano un 2 % o número de inscricións no Rexistro galego de enfermidades raras. Con ese fin, antes do verán se celebrarán as primeiras formacións específicas para profesionais sobre o funcionamento do rexistro, co fin de contribuír a un maior coñecemento sobre a realidade destas doenzas en Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,remarcou o punto de inflexión para a atención pediátrica a posta en marcha do novo servizo de rehabilitación domiciliaria para nenos con enfermidades raras

Outra das metas destacadas é a de reducir nun 30 % o tempo de espera para acceder ás probas e aos estudos xenéticos de diagnóstico. Nesta liña, e para fortalecer a prevención secundaria, Galicia ampliará o cribado neonatal con 12 novas patoloxías, engadíndose estas ás 37 enfermidades que xa
se avalían na actualidade. Desde o ano 2021, no que comezaron a funcionar as tres unidades multidisciplinares para a atención das enfermidades raras, o Servizo Galego de Saúde atendeu un total de 8.800 consultas.
Así mesmo, remarcou o punto de inflexión que suporá para a atención pediátrica a posta en marcha do novo servizo de rehabilitación domiciliaria para nenos con enfermidades raras. Un servizo que se desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC) e que contará coa supervisión de rehabilitadores e traballadores sociais.
Xunto con esta medidas, Gómez Caamaño confirmou a incorporación da tecnoloxía robótica nos servizos de rehabilitación hospitalaria das sete áreas sanitarias.

Deja un comentario

Más noticias….