A Feira do Libro Antigo de Lugo abrirá as súas portas o vindeiro 29 de xuño, e durante quince días, ata o 14 de xullo, encherá a Praza Maior de posibilidades lectoras con alicerces e con pasado.
Sete casetas en total, con case 45 metros de stands onde se exporán libros antigos, raros, curiosos, descatalogados ou difíciles de atopar, a prezos asequibles, así como interesantes revistas, e outras publicacións de coleccionistas, que estarán abertas ao público dende as 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas.
Participarán Madrid Books e Lorca Libros (Madrid), Librería Becquer (Alicante), Libros Quique (Valencia), Librería Shora e Las Mil y Una…Libros (Alicante), e Librería Maxtor (Valladolid).





Deja un comentario