os días 5, 6 e 7 de xullo O recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada acollerá do 5 ao 7 de xullo o Corazón da Artesanía, un encontro multidisciplinar e orientado a amosar, poñer en valor, enxalzar e contribuír ao desenvolvemento integral dos nosos oficios artesanais, especialmente dos máis tradicionais, dos valores da artesanía e da marca Artesanía de Galicia, así como dos produtos gourmet.

Na edición deste ano está prevista a participación de 53 profesionais da Artesanía de Galicia, 36 como expositores e outros 14 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación especializada e talleres abertos, entre os que se atopan sete obradoiros que participan neste evento por primeira vez. En canto aos expositores de produtos gourmet, este ano estará presente a oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.
Así, durante tres días en horario de 11,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 21,30h h., o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que xunta gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.


Formación e actividades
Entre estas actividades de formación destacan os cursos de especialización impartidos por Álvaro M. Leiro, artesán pontevedrés especializado en cestería e gañador do Premio Nacional de Artesanía 2023; a empresa Ubedíes Artesanía (Jaén), un referente no traballo
do esparto; ou dous dos docentes do proxecto de recuperación e transmisión dos oficios tradicionais Aprender da Tradición. Oficios e técnicas impulsado pola Xunta: o oleiro de Buño Antonio Pereira “O Rulo” e a tapiceira Stelle Bisson.

Álvaro Leiro impartirá un curso de especialización de cestería


Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería e a ourivería, a sombreirería, os instrumentos musicais, a olería, a cerámica, a elaboración de zocos, a marroquinería, o téxtil, bordado, o traballo coa madeira e co papel, a forxa, a cestería,as colareiras, os xoguetes, a estampaxe, a tapicería, o bordado ao aire e mais os labores de palla. No programa de actividades inclúense cursos especializados que estarán relacionados coa cestería, co bordado, coa olería tradicional, coa tapicería ou co debuxo e talleres abertos para todos os públicos relacionados con diferentes oficios como a cestería, o tecido, a cerámica de torno, a estampaxe e a elaboración de figuras de miga de pan.

Artesania de galicia

Como xa é habitual, o Corazón da Artesanía incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que botou a andar no 2013 no marco deste encontro co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. Durante os tres días do evento realizaranse demostracións de reputados cociñeiros que empregarán pezas da marca Artesanía de Galicia para presentar os seus menús. A programación do evento complétase con espectáculos e concertos musicais que terán lugar na Praza do Concello de Agolada durante toda a fin de semana.

En decembro de 2023, esta iniciativa impulsada pola Xunta resultou gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promocion para Entidades Públicas.

Deja un comentario

Más noticias….