A Cidade da Cultura celebra o Día da Música, cun concerto gratuíto de Budiño, o venres 21 de xuño na Praza central do Gaiás. Acompañado dunha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces dentro do ‘neo-tradi’ e o folk que se está a facer en Galicia, Budiño presenta Branca Vela, o seu último disco ás 21h.

Un espectáculo en directo alegre e potente que promete facer bailar combinando ritmos, instrumentos e percusións tradicionais coa vangarda electrónica e videocreación que converten o concerto nunha experiencia exclusiva e irrepetible. O son da gaita, a guitarra, o acordeón, a percusión tradicional e os arranxos electrónicos encherán un escenario no que Budiño estará acompañado pola música e as voces de Tania Caamaño, Mónica de Nut, Fran Barcia e Andrés Boutureira.

Accesibilidade

Este concerto será máis accesible para as persoas xordas ou con perda auditiva grazas a un servizo de mochilas que permite sentir no corpo as vibracións da música e que incorporan tecnoloxía para recibir o son limpo de ruído ambiente a auriculares, audífonos ou próteses auditivas.

Mochilas inclusivas

Para facer uso das mochilas, as persoas interesadas só teñen que achegarse ao posto que haberá na Praza central do Gaiás, onde recibirán asistencia coa axuda dunha intérprete de lingua de signos para aprender a manexalas.

Deja un comentario

Más noticias….