Habitar o baleiro podese visitar ata o 1 de setembro
O Museo do Pobo Galego acolle esta mostra de arredor de corenta imaxes tomadas polo fotógrafo Brais Lorenzo durante unha década de traballo de documentación do rural galego, fundamentalmente nas provincias de Ourense e Lugo sobre «A vida que avanza na Galicia que esmorece»
Habitar o baleiro é unha exposición fotográfica testemuño da Galicia que vive e resiste onde semella que non quere vivir ninguén. Un rural que esmorece e, con el, paseniño, un modo de habitar o territorio e a nosa identidade como pobo.
«Está todo despoblado. La gente joven marchó a Barcelona o Madrid. Estamos toda la semana cuatro personas solas. Este mes nos quedamos sin supermercado y sin panadero». Gerarda Méndez, 87, y Laurentino Álvarez, 93, vecinos del pueblo de A Espasa, Chandrexa de Queixa (Ourense), junto a Lucero, el fiel perro de Laurentino. Gerarda falleció pocos años después de tomar esta fotografía. Laurentino y Lucero siguen vivos. Este municipio ourensano tiene una densidad de población de 2.8 habitantes por kilómetro cuadrado, una de las más bajas de Galicia.
Unha vida ameazada pola falta de servizos, a precariedade e as problemáticas medioambientais. E unha contorna onde, contra todo, nacen outros proxectos e formas de vida cheos de ilusión e esperanza. A mostra forma parte dun proxecto homónimo de xornalismo e fotoxornalismo con vocación de longo percorrido.
Maruja Rodríguez, 76, vecina de pueblo de Toubes, (Ourense), ante las llamas de un incendio forestal. Los incendios forestales que se producen en horario nocturno resultan más complicados de controlar por la imposibilidad de actuación de los medios aéreos.
A exposición Habitar o baleiro é unha mostra de arredor de corenta imaxes tomadas polo fotógrafo Brais Lorenzo (Ourense, 1986) durante unha década de traballo de documentación do rural galego, fundamentalmente nas provincias de Ourense e Lugo.
José Gonzalo, de 67 años, e Inés Grova, de 57, posan para una fotografía en el cementerio de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves (Pontevedra).
La fiesta celebra la victoria de la vida sobre la muerte.
Con textos dos xornalistas Cláudia Morán, Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, a exposición constrúe unha obra pegada á realidade que aínda existe. A súa narrativa visual e textual inclúe tamén testemuños reais dos protagonistas das imaxes.
Celebración de A Baixada da Marela en el Entroido de Maceda (Ourense)
Coordinada por Tono Arias, unha contrastada figura da fotografía, a mostra configúrase a partir dunha narrativa complementada por audios, vídeos e textos que crean unha experiencia inmersiva que achega o espectador ao presente e o pasado das vivencias e comportamentos sociais dos protagonistas das historias.
Vista de una vivienda del antiguo pueblo de Aceredo, en Lobios (Ourense) que quedó sepultado en la década de los noventa por las aguas del embalse de Lindoso y que volvió a emerger por el vaciado del embalse y la sequía. El proyecto de construcción del embalse nació de un acuerdo entre las dictaduras de Franco y Salazar y se ejecutó décadas después (1992), borró del mapa las casas de cuatro aldeas.El dictador Franco maltrató con persistencia las zonas rurales. Propició un gran éxodo e hizo insalvables los desequilibrios entre el campo y la ciudad. Su fiebre por construir pantanos que servían para abastecer de agua y electricidad a las grandes ciudades acabó con un sistema de vida. Familias como las de Aceredo se vieron obligadas a abandonar sus casas forzosamente y dejar sus negocios.
A exposición aborda problemáticas medioambientais que afectan moi especialmente a zonas da Galicia rural, como as secas ou os incendios forestais.Como parte da narrativa visual, forman parte da mostra imaxes que documentan tradicións, ritos ou crenzas propias da cultural popular galega.No medio do proceso de despoboamento xorden novas formas de vivir no campo e xente moza que resiste. Hai persoas que valoran a vida fóra das cidades.
Un caballo salvaje ante los aerogeneradores de un parque eólico en Muras (Lugo). El municipio lucense de Muras, en el que viven 600 vecinos, es el que más aerogeneradores tiene de toda Galicia. Cuenta con un total de 20 parques eólicos y acumula 381 molinos a lo largo de toda su superficie.
Habitar o baleiro é unha exposición producida polo Museo do Pobo Galego, a Deputación de Ourense e o Concello de San Xoán de Río. Colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela que se pode ver no Museo do Pobo Galego ata o 1 de setembro 2024.
Deja un comentario