Carmelamola inaugura o sábado a tenda do seu obradoiro de bixutería artesanal. Aos seus 23 anos, Carmen Álvarez é a primeira persoa con síndrome de Down en abrir unha tenda e convertirse nun exemplo de autoemprego, de emprendemento e de inclusión laboral dentro de Artesanía de Galicia,marca da que forma parte Carmelamola dende o ano 2023.

A súa relación coa artesanía, que comezou inicialmente como medio para mellorar a súa destreza coas mans, axiña se converteu nunha afección a través da bixutería e, máis tarde, nun proxecto profesional que non para de medrar. Así, empezou vendéndolle pezas ao seu círculo máis próximo e hoxe conta cunha exitosa tenda online e seguidores a través das
redes sociais
en diferentes partes do mundo.

A partir do sábado estará aberta a súa tenda física, que xa se inaugurou de xeito oficial, no local 12 do Mercado de San Agustín.

Carmen coa sua nai e Elena Fabeiro, Xerente de Artesanía de Galicia


Recoñecementos
No ano 2018 Carmelamola quedou finalista na categoría de deseño de xoias do programa Xuventude Crea. Un ano máis tarde, gañou o premio eWoman Coruña ao mellor negocio online que concede o grupo Prensa Ibérica e resultou finalista nos premios Yo Participo, da Fundación Garrigou. En 2020 recibiu o premio Emprende na categoría de
Responsabilidade Social Corporativa que promove AJE A Coruña e, en 2022, a Confederación Nacional de Centros Especiais de Emprego recoñeceu o seu traballo co premio á integración laboral das persoas con discapacidade.

Deja un comentario

Más noticias….