A programación de outono do Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro da Coruña chega esta fin de semana ao seu final de tempada. Será o sábado 28, cun referente das artes escénicas sobre as táboas, o catalán Albert Pla, que protagoniza o concerto especial ‘¿Os acordáis?’.
Aos seus 58 anos, o intérprete de Sabadell volve á Coruña cun espectáculo transgresor no que o público asistente poderá gozar con cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotidianas e sorprendentes, crudas e surrealistas, nas que o verdugo é tamén vítima, a calma transfórmase en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Puro espírito Albert Pla.
O concerto, que comezará 20.30 horas do sábado e será dunha hora e media de duración, conta coa produción de Pedro Páramo, acompañado por David Ruano en imaxes e por Jordi Rins no deseño gráfico.

Deja un comentario

Más noticias….