O vindeiro sábado 25 de xaneiro celebrarase unha nova sesión da actividade ‘Viaxe ao centro do Aquarium’, unha visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae, que inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración, ao laboratorio, cociña, corentenas e sala de cultivos auxiliares. Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques.

casa peces coruna

Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.
Realízase unha sesión cada mes, para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos. A actividade ten un custo de 10 euros por persoa e é gratuíta para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.
A primeira sesión deste ano terá lugar o sábado 25 de xaneiro. A compra das entradas poderá realizarse a partir das 9.00 horas do mércores 22 de xaneiro.

Deja un comentario

Más noticias….