‘A melodía das buxainas’ poderá verse na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga da Coruña. Esta exposición está organizada polo Concello coruñés e convida á cidadanía a facer un percorrido artístico e literario pola historia deste xogo milenario tamén coñecido como trompo.

Esta exposición afonda na tradición da cidade e de Galicia a través dun xogo que pasou de xeracións a xeracións . O Concello da cidade herculina convidou aos centros educativos da cidade a visitar esta exposición, que inclúe buxainas, fotografías artísticas, carteis informativos e textos literarios cos que as persoas visitantes poderán profundar no coñecemento das orixes dun xogo que forma parte da cultura lúdica e, de paso, vivir as emocións e sentimentos que provoca.






Deja una respuesta