Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, celebra o seu 20 aniversario.
Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole -sociedade participada pola
Xunta de Galicia- desde 2006, busca achegar a ciencia á sociedade, en particular ao
estudantado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese
en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la
Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Esta edición celebrarase no mes de maio, co lema “Neurociencia e saúde mental”. Para o
deseño da camiseta oficial da feira, convocouse un concurso entre o alumnado de
Primaria de toda Galicia. As propostas debían ter como punto de referencia calquera
obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición.


A neurociencia vista por un rapaz de 11 anos


O gañador do concurso foi David Devesa González, alumno de sexto curso do CEIP Carlos
Casares de Xinzo de Limia (Ourense)
. Baixo o título “A neurociencia”, o seu debuxo amosa
un cerebro moi risoño, colorido e enérxico, do que saen elementos que irradian moita
positividade, como varios corazóns, estrelas, ideas… e tamén sorpresas e incógnitas. Un
xurado de expertos decidiu a proposta gañadora, da que se valorou a súa creatividade e a
conexión coa temática desta edición da feira.


Ao certame presentáronse un total de 382 debuxos procedentes de 17 centros educativos
de Primaria de toda a comunidade, cifras que se van incrementando ano tras ano. O rapaz
premiado recibirá camisetas para toda a súa clase, con exemplares tamén para os seus
profesores e familiares. Así mesmo, distribuiranse camisetas entre o persoal da
organización de Galiciencia e entre o alumnado que presente os seus proxectos na feira.

Deja un comentario

Más noticias….