Perusiñas, a reconocida marca de galletas gourmet lucense, presenta xunto a
Diego As unha edición limitada moi especial que promete facer historia. Un
envase inspirado no mural campión do mundo 2021.


Este lanzamento único será exclusivo para a cidade de Lugo, homenaxeando
así ás súas orixes, á súa xente e á súa creatividade. Únicamente haberá
dispoñibles 4000 unidades dunha peza que é moito máis que un simple
envoltorio: é unha obra de arte coleccionable.


Para nós, esta colaboración representa o encontró perfecto entre sabor e
expresión artística, e ofrecerlle a Diego o noso escaparate é un privilexio
” sinala
Aitor Castro, cofundador da marca de doces, mentras que Diego As comenta:
“cando me chamaron para contarme o proxecto pareceume moi ilusionante e un
reto diferente ó que estou acostumado
”.


Tanto Diego como Aitor destacan que buscaban facer algo para a “nosa xente”
como “agradecemento infinito ó apoio que nos mostrou a cidade de Lugo nos
inicios don nosos proxectos
”.
Sen dúbida esta é unha oportunidade irrepetible para levar á casa un anaco de
arte e sabor lucense.

Deja un comentario

Más noticias….