A presenza da DOP Mexillón de Galicia nos principais escenarios internacionais non se detén. Tras a súa recente participación no Salón Gourmets, a súa cita máis inmediata trasládase agora a Barcelona, que acolle desde mañá e ata o xoves a feira Seafood Expo Global.


Mexillón de Galicia xa asistiu a este evento canto a súa sede era Bruxelas e así seguiu sendo cando a organización decidiu o traslado á cidade Condal. Trátase do encontro dedicado a produtos do mar máis grande do mundo polo que pasaron na súa última edición máis de 35.000 profesionais
procedentes de150 países.


A DOP continúa así a tarefa de promoción e fortalecemento do seu selo de calidade, participando en eventos deste nivel destinado a un público profesional que axudan a cumprir eses dous obxectivos, así como a incrementar o coñecemento e recoñecemento de Mexillón de Galicia ante os consumidores.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo