O mércores 3 de decembro, ás 19:00 h, a libraría Berbiriana (Rúa Santiago 7, 15001 A Coruña) acollerá a presentación de A Casa Grande, a máis recente obra narrativa de Olaia Sendón, finalista do XLII Premio Xerais de Novela. A autora estará acompañada polo escritor Antonio Manuel Fraga nun encontro aberto ao público.

Na novela, a morte da nai deixa a Casa Grande habitada polos ecos, os silencios e as pantasmas agochadas tralas fendas. O regreso dos tres irmáns para repartir a herdanza convértense nunha viaxe ao pasado: cada obxecto, cada habitación, devolve un recordo, unha ferida, unha revelación. A Casa Grande afonda na complexidade das relacións familiares —fráxiles e persistentes ao mesmo tempo— e lembra que todas as persoas estamos feitas, dalgún xeito, das historias que outros deixan atrás.

Deja un comentario

Más noticias….