Mañá mércores 10 de decembro volve á Cidade da Cultura (finalmente nos edifícios FONTAN e CINC) o innovador proxecto educativo de fotografía e artes visuais ENFÓCATE. 700 alumnos e alumnas de audiovisual asistirán a unha formación avanzada sobre técnicas de vangarda. Enfócate xurde pola iniciativa deJuan Adrio, actual director da EASD Mestre Mateo, e de Pablo González, de González Almacén fotográfico de Lugo, que querían crear dende Galicia un evento formativo práctico, innovador e conectado coa realidade profesional. Este evento tamén conta coa colaboración da CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña, e da Consellería de Educación.
Andrea Font, creadora audiovisual que conta cunha comunidade de máis de 70.000 seguidores, dará a Supermasterclass. Os asistentes poderán coñecer os últimos avances das marcas pioneiras da fotografía, video ou iluminación da man de Álvaro Sanz, Gus Geijo, Jaime de Diego, Jake and Claud, Joan Vendrell, María Presser ou Santi Veiga, que impartirán obradoiros simultáneos para alumnado e profesorado audiovisual.





Deja un comentario