O Morriña Fest volverá ao porto da Coruña nos días 24 e 25 de xullo de 2026, e cos primeiros artistas desta nova edición xa confirmados: Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera.
O festival da cidade herculina aposta por un cartel que sempre combina grandes estrelas internacionais, artistas consagrados e referentes actuais da escena musical.
Máis de 35.000 persoas asistiron á pasada edición do festival, que contou coa participación de artistas como Nathy Peluso, Ozuna, Recycled J, Mikel Izal, Alleh & Yorghaki, Miss Caffeina, Duncan Dhu, Alcalá Norte e Beéle, entre moitos outros.
Agora, e á agarda de máis confirmacións, os primeiros en sumarse ao cartel do Morriña Fest serán o portorriqueño Myke Towers —que volverá á cidade herculina tras o seu concerto no Coliseum en maio deste ano—; un icono musical a escala mundial como o colombiano Juanes; o artista galego Hard GZ, convertido nun dos persoeiros máis influíntes da música urbana en España; e a catalana Belén Aguilera, xa asentada como unha das voces máis relevantes do pop alternativo actual.
As entradas do Morriña Fest 2026 sairán á venda mañá, martes 16 de decembro,
ás 12.00 horas, na súa páxina web oficial.





Deja un comentario