O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse xa desde este xoves, 26 de marzo, ata o domingo 5 de abril (incluído). Co fin de facilitar as visitas, abrirase tamén os dous domingos, o de Ramos e o de Pascua, pechando unicamente o luns 30 e o martes 31. O horario é o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O Museo abrirá novamente o 14 de maio, coincidindo coa festividade da Ascensión, para comezar a súa temporada de primavera-verán.

museo casa de la troya
 

Benigno Amor é o director de la Casa de la Troya e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo. Explica que “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de quince persoas como máximo”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen nestas datas a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima.

museo casa de la troya
 

As entradas ao Museo son de 3 € o prezo xeral e de 2 € o reducido para familias numerosas, persoas xubiladas e desempregadas, estudantes e peregrinos. “Nesta ocasión incorporamos tamén á veciñanza de Compostela á tarifa reducida, para animala a redescubrir unha parte da súa cidade, que seguro vai sorprender a quen non a coñeza. Ademais, a visita á Casa de la Troya é como unha viaxe no tempo, moi axeitada para facela en familia ou cun grupo de amigos" -sinala Amor-.

museo casa de la troya
museo casa de la troya

As visitas para grupos poden reservarse a través do correo electrónico visitas@lacasadelatroya.gal ou dos teléfonos do Museo: 981 585 159 e 695 211 266.

museo casa de la troya
museo casa de la troya

Un edificio do século XVIII
O Museo Casa de la Troya recrea unha antiga pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX. O edificio, construído a mediados do século XVIII, foi hospedaría de estudantes entre os anos 1886 e 1906 e nel aloxouse o personaxe principal da novela de Lugín e os seus compañeiros de estudos. Abriu as súas portas como museo en 1993, grazas ao mecenas compostelán Benigno Amor Rodríguez, finado en 2009.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo