A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concede o Premio RAGC de Divulgación Científica 2026 ao investigador Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969). É doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, especializado en neurofisioloxía; profesor do departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña. Forma parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

Ten traballado en centros internacionais como o New York University Medical Center e o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT-Boston), onde realizou o seu posdoutoramento. O seu labor de investigación en neurofisioloxía céntrase na electrofisioloxía e farmacoloxía do sistema visual, o circuíto tálamo-cortical e o ciclo soño- vixilia. Ten numerosas publicacións científicas en revistas especializadas, así como comunicacións en congresos nacionais e internacionais. Paralelamente, ten desenvolto software especializado de estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxica, e colaborado no desenvolvemento de ferramentas estatísticas de análise.

Unha longa traxectoria como divulgador ciéntifico
Xurxo Mariño conta cunha ampla traxectoria dedicada á difusión do coñecemento científico, iniciando a súa actividade neste eido cando era estudante predoutoral na facultade de Bioloxía da USC, coa creación da revista Hallucigenia en 1994. É membro fundador da Asociación Galega de Divulgadores Divulgacción. Desde 2018 dispón dunha excedencia do seu traballo na Universidade da Coruña e dedícase en exclusiva á comunicación da ciencia.

É colaborador habitual en xornais, publicacións e dixitais como as revistas Muy Interesante ou Mètode da Universidad de Valencia. Os seus artigos afondan en temas como o funcionamento do cerebro, internet, a evolución humana e neurociencia… En radio colaborou coa Radio Galega, RNE e no programa Julia en la Onda de Onda Cero. Na actualidade colabora coa TVG e desde 2020 forma parte do equipo do programa Órbita Laika de La2-TVE.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo