O Mulitusos Fontes do Sar prepárase para celebrar este sábado 28 a gran festa de inauguración do Rapants Club, cita para a que unicamente quedan 200 entradas dispoñibles. Máis de 5.700 persoas serán parte dunha gran noite para a música galega.
A velada, que conta co apoio do Concello de Santiago, arrancará ás 19:45h cos primeiros acordes da banda compostelá Ulex. Xa a partir das 21:00 horas, os rapantes e os seus convidados subirán ao escenario para presentar Rapants Club. As últimas entradas para gozar do concerto desde as gradas -as de pista esgotáronse o día que saíron á venda- están á venda na plataforma www.ataquilla.com.
A concelleira de Deportes e Festas de Santiago, Pilar Lueiro, visitou esta mañá a montaxe do Rapants Club acompañada do cuarteto. A edil lembrou que, para esta cita, o Concello activará un un dispositivo especial que permita que todo se desenvolva con normalidade e seguridade. Haberá un reforzo dos autobuses, cunha liña lanzadeira para facilitar o acceso ao recinto, así como a colaboración de Protección Civil e da Policía Local, que reforzará con tres as patrullas do dispositivo habitual, co obxectivo de garantir unha mobilidade ordenada e que as e os asistentes poidan gozar do concerto con todas as garantías.






Deja un comentario