As unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitan o sábado 4 Carballo, Ribeira, Sada, Cambados, Lalín e Porriño para facilitar o acceso á doazón da cidadanía galega. Estas visitas forman parte da campaña de doazón que a Axencia desenvolve para manter a participación da cidadanía e, deste xeito, garantir a estabilidade das reservas de todos os grupos sanguíneos.

A Axencia quere agradecer a solidariedade de todas as persoas que doan sangue, xa que co seu xesto, contribúen a posibilitar o intenso labor asistencial dos hospitais galegos. Neste sentido, salientar que, diariamente, os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, realizan 800 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos, así como realizan 1.600 atencións nos hospitais de día. Unha elevada porcentaxe deste intenso labor asistencial precisa do sostemento de compoñentes sanguíneos que só é posible obter da doazón de sangue.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo