O alumnado do segundo curso do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, titulación que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), botou man de todo o seu enxeño e creatividade para construír unha catapulta empregando a impresión 3D. O concurso tivo lugar, este luns no Edificio de Talleres do Campus Industrial de Ferrol.


O obxectivo deste reto, proposto polos profesores Fran González e José Antonio Pérez no marco da materia “Sistemas Mecánicos”, era o deseñar un compoñente mecánico fabricado mediante impresión 3D que fixese de panca para lanzar un proxectil esférico, de 25 gramos de peso e un diámetro de 40 milímetros, e que este alcanzase a un pequeno boneco de cor verde. Tal e como explican os dous docentes a función do compoñente deseñado non era outra que a de almacenar a enerxía elástica e liberala no momento do lanzamento do proxectil.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo