O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acolle desde mañá e ata o 15 de setembro a exposición “A Coruña, porto negreiro”, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas.

Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente. A través de documentos, imaxes e voces diversas, revela as conexións entre progreso e violencia, así como as fortunas, as rutas e os silencios que sustentaron a trata nos séculos XVIII e XIX.

O acto de inauguración será esta tarde a partir das 19:00 horas, cando se fará unha presentación do proxecto “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade”, no marco do cal se desenvolve esta exposición. A continuación terá lugar a actuación de repentismo poético liderada por Quinny Martínez e Las Tamboreras del Caribe e seguirase cun percorrido polos contidos da mostra. Para pechar o encontro abrirase un espazo de intercambio, diálogo e reflexión arredor das temáticas tratadas.

A actividade é aberta ao público en xeral, ata completar a capacidade da sala.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo