As estudantes da Universidade da Jimena Cardona Felipe e Genoveva Gundín González acaban de ser galardoadas na VI Edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Fin de Máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

No caso de Jimena Cardona Felipe recibe o premio ex aequo na categoría de TFG polo seu traballo “Violencia en la pornografía y su impacto en las prácticas sexuales de los jóvenes universitarios/as: Un estudio cualitativo en la UdC”. Unha reflexión acerca da influencia da pornografía na sexualidade do estudantado universitario.

Tal e como recolleo na súa investigación, a pornografía foi a forma de educación sexual máis estendida nas últimas décadas. Co avance das novas tecnoloxías, hoxe máis ca nunca está ao alcance de todos, chegando a ser incluso para algúns o primeiro contacto coa sexualidade a idades moi temperás, desde os 8 anos. No seu estudo, a través da observación participante e da realización de entrevistas en profundidade, móstrase como esta industria reproduce imaxes violentas que lexitiman e perpetúan relacións sexuais de desigualdade, tendo implicacións nas prácticas sexuais da mocidade, reproducindo unha xerarquía sexual onde os homes posúen o poder e o control, e as mulleres aprenden a erotizar a súa propia sumisión.

O premio de Genoveva Gundín González, na categoría de TFM, tamén ex aequo, ven polo seu traballo titulado “Los derechos afectivos y sexuales de las mujeres mayores: un estudio piloto en una gran urbe gallega y su área metropolitana”, que aborda a sexualidade das mulleres maiores de 65 anos, a partir dun estudo piloto realizado na cidade da Coruña e a súa área metropolitana.

A través dun enfoque feminista, crítico e participativo, combínanse técnicas cuantitativas e cualitativas para explorar as vivencias, necesidades e obstáculos que enfrontan estas mulleres en relación coa sexualidade e a afectividade. O traballo constata como a falta de educación afectivo-sexual, os estigmas idadistas e os mandatos patriarcais condicionan o seu benestar. Como resposta, deséñase unha proposta socioeducativa con metodoloxías como Círculos de Mulleres, Grupos de Axuda Mutua (GAM), Aprendizaxe Colaborativa e/ou Cooperativa (ApC), e Ikigai,
orientadas ao empoderamento e a resignificación positiva do desexo na vellez.

Espérase que a intervención contribúa a visibilizar estes dereitos, fortalecer relacións e redes de apoio e promover o recoñecemento social e político da sexualidade na vellez.

A Valedora do Pobo convoca anualmente os Premios aos mellores Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres en colaboración coas tres universidades públicas galegas (UDC, USC e Uvigo). O obxectivo é recoñecer aqueles traballos académicos que destaquen polo seu valor na promoción da igualdade e os dereitos das mulleres.

Deja una respuesta

Más noticias….

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo