A sétima edición da GALICIA DESIGN WEEK vive mañá, martes 19 de maio, un dos seus fitos máis simbólicos coa inauguración das exposicións de rúa. Após unha primeira fin de semana de actividade profesional, formativa e de lecer en espazos interiores, a GDW trasládase ao centro da Coruña, á zona da Mariña (concretamente á avenida do Porto), co obxectivo de sacar a creatividade a rúa e achegar o deseño a toda a cidadanía de xeito directo e gratuíto.

A partir das 12.00 horas, a avenida do Porto acollerá o acto de apertura das dúas mostras de referencia da GALICIA DESIGN WEEK. Por unha banda, Designed in Galicia, unha panorámica que recolle e pon en valor o mellor deseño do último ano creado en Galicia, destacando pezas e estratexias que foron premiadas en diferentes certames de prestixio nacional e internacional. A instalación da exposición está deseñada e fabricada por Grupo Malasa, empresa familiar de raíces galegas, líder no deseño e produción de mobiliario a medida de alta calidade en toda Europa. O público poderá visitar esta mostra ata o 14 de xuño.

Pola outra, presentarase #novodeseñogalego, unha exhibición que reúne o mellor talento emerxente do país a través dunha coidada selección de 20 proxectos asinados por 10 perfís de múltiples disciplinas do deseño, como son Álvaro Bellón, Ana Inés Jabares Pita, Andrea Ures, Lamaelume, Laura Campos, María Cereijo, mariOLéiro, Nuclear, Pesqueira e Zeltia Iglesias. Esta mostra permanecerá instalada na contorna da Mariña ata o vindeiro 4 de xuño.

A xornada pecharase coa segunda quenda de presentacións do #novodeseñogalego. Igual que hoxe, luns 18, mañá 19, ás 19.00 horas, Restory acollerá un encontro vespertino no que intervirán os deseñadores e deseñadoras Álvaro Bellón, LamaeLume, MariOLéiro, Pesqueira e Zeltia Iglesias, ofrecendo de novo a GDW como un bo punto de encontro para conectar á comunidade creativa co público.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo