A alumna do 4º curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Nuria Mahía Escudero (nacida en Ares, 1998), vén de gañar o Premio Cipriano Dobarro 2026, un galardón que desde hai xa doce anos outorgan a Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e de Ourense en homenaxe a quen foi director deste centro durante máis de 30 anos, por aquel entón Escola de Relacións Laborais, e artífice da súa integración, no ano 2000, na Universidade da Coruña (UDC).
O Premio Cipriano Dobarro está dirixido ao alumnado do 3º e do 4º curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder concorrer a el, cada candidato ou candidata debe contar, polo menos, co aval de 15 persoas directamente vinculadas coa facultade (persoal docente investigador, persoal técnico, de xestión e de administración e servizos ou estudantado). As bases do galardón establecen que o xurado valorará o expediente académico da persoa candidata, o seu carácter solidario, así como o seu compromiso co centro e máis coa universidade.
Nuria Mahía Escudero recollerá o seu premio, un diploma acreditativo e un cheque por valor de 600 euros, este venres 19 de xuño, a partires das 18:30 horas, no Auditorio Municipal de Ferrol, no transcurso do acto de graduación do alumnado do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, do máster en Xestión e Dirección Laboral e do máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo