Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na súa sede de Santiago de Compostela a mostra «Compostella Expeditio», unha experiencia virtual inmersiva que permitirá camiñar pola Compostela de finais do século XII e principios do XIII.

Unha proposta innovadora que combina documentación histórica e científica cun levantamento con tecnoloxía LiDAR para ofrecer unha viaxe ao medievo, permitindo percorrer virtualmente diferentes partes do casco antigo, como as obras do Pórtico da Gloria ou o mercado da Quintana.

O proxecto foi desenvolvido por Maxina, o recoñecido estudo galego liderado por Carlos Seijo e distribuído por Empiriens. Preséntase ao público en colaboración con Afundación. As entradas para desfrutar desta aventura inmersiva pensada para todos os públicos pódense adquirir xa en Ataquilla.com.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo