A «excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento» no ámbito da medicina forense e a xenómica do investigador do CiMUS da USC Ángel Carracedo foron recoñecidas polo MInisterio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) con Premio Nacional de Investigación 2026. Un mérito que comparte, entre outros, con outra investigadora da USC, a directora do Instituto de Materiales (iMATUS), Carmen Álvarez, no campo dos materiales biomédicos.

carmen alvarez imatus
Carmen Álvarez Lorenzo, Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS)

Estos premios recoñecen o labor de aquelas persoas investigadoras españolas cunha destacada traxectoria científica en diferentes disciplinas de coñecemento. Os 10 premios outorgados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades están dotados dunha cuantía económica de 30.000 euros cada un.

Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón

A Área de Medicina e as Ciencias da Saúde é unha das máis significativas dentro destes galardóns. Este ano o Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón, foi concedido ao investigador principal do CiMUS, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e a xenómica.

Con este recoñecemento, o CiMUS da USC suma dous Premios Nacionais de Investigación concedidos a investigadores do centro. Ademais de Ángel Carracedo, foi distinguida María José Alonso en 2021 co Premio Nacional de Investigación Juan de la Cierva na área de Transferencia de Tecnología.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo