Adisbismur, que leva máis de 40 anos traballando pola autonomía e a inclusión das persoas con discapacidade e das súas familias. A entidade ofrece servizos de atención, información, asesoramento e acompañamento, ao tempo que promove a formación e o acceso ao emprego, facilitando que as persoas con discapacidade poidan desenvolver un proxecto profesional e participar activamente na sociedade.
Adisbismur está integrada na Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal). O conselleiro de Emprego, Comercio e
Emigración, José González, visitou e destacou o papel que xogan os Centros Especiais de Emprego como unha peza clave da economía social, ao combinar a creación de emprego inclusivo coa xeración de oportunidades reais para as persoas con discapacidade e para os colectivos con maiores dificultades de inserción.
Neste sentido, lembrou que están plenamente integrados no tecido produtivo galego e que permiten que miles de persoas con discapacidade atopen no emprego unha vía para gañar autonomía, estabilidade e participación plena na sociedade, dando resposta ademais as demandas do territorio en sectores como as artes gráficas, a alimentación, a artesanía ou o transporte, entre outros moitos.

A Xunta destina este ano máis de 45 M€ ao impulso da economía social, dos que 27 M€ corresponden á orde de axudas aos centros especiais de emprego.
Estas achegas permitirán manter arredor de 6.600 contratacións de persoas con discapacidade, crear novos empregos estables, adaptar postos de traballo e reforzar as unidades de apoio profesional, especialmente relevantes para as persoas con maiores dificultades de inserción.
Esta liña de apoios complétase con outras medidas, como a formación dual para persoas con discapacidade intelectual, que facilita a obtención dun certificado de profesionalidade e a adquisición de experiencia mediante un contrato de formación en alternancia. Esta iniciativa conta con 6 M€ para o período 2024-2027.
O conselleiro destacou ademais a aposta da Xunta pola contratación pública como ferramenta para favorecer a inclusión laboral. Así, o Goberno galego dá continuidade este ano á reserva dun mínimo do 6% da contratación pública para os Centros Especiais de Emprego de iniciativa social e as empresas de inserción, unha porcentaxe que se sitúa un punto por enriba do mínimo establecido pola Lei de contratos do sector público e que este ano suporá preto de 4 M€ para estas entidades.
Segundo o último Informe Estatal do Mercado de Traballo das Persoas con Discapacidade, en 2025 Galicia se sitúa como a quinta comunidade autónoma con maior número de contratacións deste colectivo.

Deja una respuesta

Más noticias….

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo