O Festival Espírito Ribeiro celebrarase en Cenlle os días 22 e 23 de agosto, no Campo do Cabalo, en Laias, no marco dos Concertos do Xacobeo de Turismo de Galicia. Tras a celebración da pasada edición en Castrelo de Miño, Cenlle toma este ano o relevo antes de que a iniciativa pase á Arnoia en 2027, consolidando unha fórmula de colaboración entre os tres concellos promotores.

cartel espirito ribeiro 2026


Este festival é un exemplo de cooperación territorial e de posta en valor dos recursos propios ao combinar o viño da Denominación de Orixe Ribeiro coa gastronomía, a música, a artesanía, os produtos de proximidade, a cultura ou o patrimonio. Neste sentido, salientou a capacidade deste tipo de iniciativas para crear actividade, atraer visitantes e fortalecer o tecido económico local. Ademais, o festival e a propia DO contribúen tamén ao fomento da música e da cultura en lingua galega, reforzando a súa vinculación coa identidade.

Durante a presentación o Conselleiro José González salientou o potencial da iniciativa para atraer visitantes e fortalecer o tecido económico local ao combinar o viño da DO Ribeiro coa gastronomía, a
artesanía, a música ou os produtos de proximidade


A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración colabora a través da Fundación Artesanía de Galicia co apoio de dous obradoiros gratuítos para iniciar o público nas técnicas da cianotipia e da serigrafía sobre téxtil durante toda a fin de semana, que se sumarán á venda directa que ofrecerán artesás e artesáns adheridos ao selo Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria, así como outros produtores agroalimentarios amparados por distintivos de calidade diferenciada co apoio da Consellería do Medio Rural.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo