A Casa Museo Casares Quiroga, na rúa Panaderas da Coruña, acolle ata o 27 de setembro a mostra “La guerra civil de Paul Preston, do libro á novela gráfica”, da autoría de José Pablo García, que se enmarca dentro da programación do festival Viñetas desde o Atlántico.

Manel Cráneo, Director do Festival fixo fincapé na relevancia que a memoria histórica ten na programación desta 29a edición do Viñetas, ao tempo que puxo en valor a calidade do traballo do autor, nunha obra que abarca a adaptación a novela gráfica do traballo do historiador Paul Preston en tres volumes distintos: La Guerra Civil española, La muerte de Guernica e Franco.


Cráneo destacou o elevadísimo nivel das 24 mostras que compoñen este ano a sección expositiva do Viñetas e apostou pola necesaria expansión do festival a novas sedes coma esta, no seu crecemento natural que permite que cada ano chegue a máis público.
Outro dos elementos que destacou foi a relevancia da colaboración entre a Asociación Galega de Artesáns e o Viñetas, froito da cal, tanto nesta mostra como nas que ocupan o Kiosco Alfonso, diferentes artesáns “sacaron” das viñetas elementos e personaxes variados dándolles corpo. No caso concreto da exposición da Casares Quiroga, os/as visitantes poderán ver un colgante cun avión lanzando bombas, extraído do libro de Guernica, elaborado por Antonio, do obradoiro de artesanía Enxógate.

No inauguración participaron o concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro, o director do festival, Manel Cráneo, o autor, José Pablo García, e Antonio, o artesán de Enxógate que elaborou o móbil que representa o bombardeo de Guernica relatado nunha das obras da mostra


O autor, José Pablo García, relatou na visita guiada, que dedicou varios anos a estes traballos de adaptación e documentouse a través de fontes moi variadas. O creador contou que, a pesar de tratar unha temática similar, “hai moitas diferencias entre as dúas primeiras, La guerra civil española e La muerte de Guernica e a terceira, a de Franco, que é máis caricaturesca e ten toques de humor sutil. Porque tiña moi presente que ler unha biografía dun personaxe como Franco sen que haxa toques que o alixeiren sería demasiado árido”.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo