45 expositores participan na 42ª edición da feira Mostrart, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta permanecerá aberta ata este domingo 30 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Unha cita cada vez mais consolidada e que contribúe á difusión do selo Artesanía de Galicia.
Mostrart está aberta ao público en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 22,00 horas. Os obradoiros participantes representan oficios coma o coiro, o téxtil, a xoiería, a escultura, a arte floral, a cerámica, os xoguetes, a encadernación, a marroquinería, os instrumentos musicais, a madeira, o calzado, a cerería, o tecido, a estampaxe ou a bixutería.

En concreto, os obradoiros coa marca Artesanía de Galicia que se poden visitar son Montse Betanzos (O Grove), Hana No Boshi (Pontedeume), Mario López (Vigo), Las Flores de Greta (Gondomar), Taller Cruz (Vigo), Uxía Castro (Mos), Geli Fraga (Cambre), Cabuxa (Tui), Zimzelatum (Gondomar), Joyas de Papel (Nigrán), Chueco (A Coruña), Defilo (Cedeira), Enxógate (Quiroga), María Feijóo (Santiago de Compostela), Ardentia (Bergondo), Laia-Zapateiros (Melide), Otero Regal-Ceramista (Viveiro), Paz Navas (A Coruña), Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela), Sánchez-Cano Orfebres (Vigo), En Babia-Bronce (Redondela), Sacco (A Coruña), Manolo Cremallera (A Coruña), Liño de Galicia (Zas), Hiar Ecoprint (Salvaterra), Amorei (Soutomaior), Amor ó teu estampaxe (Ames), Santín (Cambre), Onda (A Coruña), Artesanos del Altillo (A Coruña), Tres Caracoles (Lugo), Artesanía NIA (Neda), Patapum (Quiroga), Como pez en el Agua (Vigo) e Xakarandá (Marín).

Tamén participan en Mostrart obradoiros de fóra de Galicia, coma La G (Almería), El taller de Ampi (Granada), Awa by Digna (Barcelona) e Astarté e Anka Bravo, ambos de Madrid.
A feira Mostrart compleméntase cunha programación de obradoiros de iniciación a diferentes oficios artesanais, gratuítos e abertos ao público, que se celebran de luns a xoves durante todo o mes de agosto, convertendo a feira nun lugar non só de comercialización de produtos artesanais senón tamén nun espazo de contacto e coñecemento dos procesos artesanais, de creación e de experimentación.
Tras a boa acollida da pasada edición, Mostrart volve ofrecer visitas guiadas gratuítas pola feira que se celebran todos os venres do mes de agosto en dous pases diarios ás 11,30 e ás 18,00 h., para as que é imprescindible inscrición previa.





Deja un comentario