O Pavillón de Esteiro e o Campus Industrial de Ferrol acollen, o vindeiro luns 19 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, a actividade divulgativa “O Camiño de Santiago con Tecnoloxía” na que participará alumnado de 5º e 6º de primaria de distintos centros da cidade departamental. 

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Polos en Marcha” que lidera a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Elena Arce. Unha iniciativa que financia, integramente, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, no marco da Convocatoria de Axudas para o Fomento da Cultura Científica Tecnolóxica e da Innovación.

Deja una respuesta

Más noticias….

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo