O Sergas porá en marcha no distrito sanitario de Cee un programa asistencial en oncoloxía que permitirá ofrecer atención sanitaria á meirande parte dos seus pacientes con cancro, evitando a necesidade de desprazarse ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
A iniciativa, que se desenvolverá de xeito progresivo e contará coa supervisión do Servizo de Oncoloxía do Chuac, evitará que máis da metade dos pacientes (50-60%) dos pacientes con cancro dos concellos de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas se teñan que desprazar ata a cidade herculina.
Así, este novo programa de asistencia oncolóxica para o distrito sanitario de Cee posibilitará a realización de consultas de seguimento daqueles casos que non están a recibir tratamento activo e para os que o seu profesional de referencia deseñou un cronograma de probas complementarias; tamén a administración e seguimento de tratamentos de baixa complexidade; a realización de controis de toxicidade; valoracións e seguimento de subespecialidades; consultas de seguimento en pacientes non subsidiarios de tratamentos oncolóxicos activos (en etapa de coidados soporte tratamento paliativo); e a realización de consultas de enfermería oncolóxica.
Para levar a cabo este programa e acadar unha asistencia de calidade, o servizo de
Oncoloxía da área sanitaria da Coruña e Cee verase reforzado coa contratación dun
facultativo especialista en oncoloxía médica e dous profesionais de enfermería. Estes
profesionais sanitarios traballarán en coordinación con outros servizos do Hospital Público
de Cee.

O distrito sanitario de Cee conta cunha poboación de referencia de 36.572 cidadáns
pertencentes aos concellos de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo
e Zas.
Durante o ano 2024 o Chuac realizou 329 primeiras consultas e 1.128 sesións oncolóxicas
a pacientes adheridos ao Hospital Público de Cee
. O obxectivo é achegar unha atención oncolóxica, próxima e humanizada, ao tempo que garante os máximos estándares de calidade e seguridade sanitaria. Con esta iniciativa evitaranse desprazamentos a pacientes e familias, co impacto que todo
iso pode ter en termos de calidade de vida, dificultade de acceso ou problemática familiar
para moitos destes pacientes.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo