A cidade da Coruña converterase este mes de abril nun punto de encontro para lectoras e lectores galegos interesados na literatura internacional máis influente dos últimos anos. A iniciativa The MOP Talks reunirá a tres autoras de referencia: Tatiana Ţîbuleac, Ottessa Moshfegh e Lionel Shriver, autoras de libros como El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, Mi año de descanso y relajación ou Tenemos que hablar de Kevin teñen acadado unha notable difusión, especialmente entre lectoras novas e clubs de lectura, onde se valoran pola súa intensidade emocional e pola capacidade de abrir debates incómodos pero necesarios.
O ciclo desenvolverase en tres xornadas: Ţîbuleac abrirá as conversas o luns 6 de abril; Moshfegh participará o venres 10; e Shriver pechará o programa o luns 13. Todas as sesións incluirán unha sinatura de libros ao remate, unha oportunidade especialmente valorada polos lectores galegos, que non sempre teñen acceso directo a este tipo de encontros, de ahí a relevancia dunha proposta que achega á Coruña voces internacionais cunha obra xa consolidada entre o público local.
A asistencia será gratuíta, aínda que con aforo limitado, polo que será necesario retirar entrada previamente —cun máximo de dúas por persoa— a través da web da organización a partir do 30 de marzo ás 11:00 horas.






Deja un comentario