Artesanía no Prato, que aposta pola Artesanía de Galicia como soporte dos menús gastronómicos, terá un espazo e unha programación propios no XIII Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que organiza a Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia entre os días 3 e 5 de xullo nos Pendellos de Agolada. Así, haberá demostracións gastronómicas de recoñecidos chefs galegos, ademais dunha degustación de queixos e outra de coctelería, nas que as pezas de Artesanía de Galicia terán un papel fundamental.
Nun espazo único, os cociñeiros Lucía Freitas, Héctor López, Jorge Gago e Javier Rodríguez “Taky” realizarán demostracións culinarias nas que empregarán pezas de 13 obradoiros de Artesanía de Galicia. En concreto, haberá pezas de cerámica de Ana Tenorio, obradoiro Witchneeds (Vigo), Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños), Cerámica Raposiñas (A Pobra do Caramiñal), Laura Delgado Cerámica (Cambre) e Susana Anta (A Coruña); pezas de madeira de Artesanía Armaior (Quiroga), Atalanta (A Estrada), Carballo Estrela (Pontevedra), Cunqueiro (Palas de Rei), Eferro (Merza, Vila de Cruces) e Sangiovanni Lorenzo (Santiago de Compostela); coitelos de Celso Ferreiro (A Fonsagrada) e as pezas de Degerónimo (Santiago de Compostela).
As mostras de cociña iniciaranse o venres 3 de xullo a cargo do chef Héctor López do
Restaurante España (Lugo), que conta con dous Soles Repsol
. Realizará dous pases, ás 13,30 e ás 15,00 horas. Pola tarde, a catadora Salomé Beiroa dirixirá un Percorrido sensorial por Galicia a través de queixos singulares con distintivos de calidade diferenciada, a partir das 18,00 h.

Pezas de Ana Tenorio (Witchneeds)


O sábado será a quenda da chef Lucía Freitas (1 Estrela Michelín e dous Soles Repsol), do Restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), que realizará dúas demostracións gastronómicas ás 13,30 e ás 15,00 h.; e, pola tarde, o chef Jorge Gago, do Restaurante A Maceta (Santiago de Compostela), encargarase do showcooking das 20,00 h. O domingo será a quenda de Javier Rodríguez Ponte “Taky”, do Catering Boketé (Cambre), que se encargará dos dous showcookings que terán lugar ás 13,30 e ás 15,00 horas; e, pola tarde, está previsto un taller de coctelería a cargo de Gabriel Vilar, profesor da Escola de Hostalería do IES Sanxillao (Lugo).

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo