A marca galega láctea Feiraco, da cooperativa CLUN, amplía o seu catálogo co lanzamento dunha nova gama de iogures gregos.
A nova liña está composta por tres variedades: natural, pexego con froita da paixón e vainilla con mazá, pensadas para satisfacer tanto aos consumidores máis tradicionais como aos que buscan sabores máis innovadores.
Esta gama, coa que Feiraco dá un paso máis alá na súa evolución tras volver ao mercado dos iogures o ano pasado, destaca pola súa textura cremosa e o seu intenso sabor cunhas receitas especialmente elaboradas para desfrutar.
Están elaborados con leite galego de cooperativa e levan preparados con cachiños de froita real.
Moito máis que un envase Os envases dos iogures gregos de Feiraco son unha creación artística do ilustrador Carlos Arrojo, creador asentado na cidade da Coruña. O reto era crear o envase para “iogures gregos e galegos, por dentro e por fóra” establecendo un vínculo entre a cultura galega e grega: “Coas espirais debuxei árbores, nubes, auga dos ríos e ornamentos, este elemento gráfico, a espiral, serve de conexión entre a identidade galega e a grega” explica Carlos Arrojo. As ilustracións recollen elementos da cultura, do patrimonio e da paisaxe agraria galega, cun estilo baseado na liña e na síntese xeométrica, característico do autor. Cada referencia ten unha ilustración diferente e todas as provincias galegas están representadas: no natural pódese apreciar a Torre de Hércules e as pallozas dos Ancares, no vainilla con mazá está representada a Catedral de Santiago e a Muralla de Lugo e no iogur con pexego e froita da paixón están a
Peregrina de Pontevedra e o Mosteiro de Oseira.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo