As 54 oficinas de emprego galegas contan xa con caixeiros autoservizo para facilitar os trámites de renovación ou recuperación da demanda de emprego. O obxectivo é contribuír a unha atención máis autónoma, áxil e eficiente e avanzar cara a un servizo máis eficaz, centrado no asesoramento personalizado e na adaptación ás necesidades reais do mercado laboral.
A implantación dos caixeiros autoservizo enmárcase no proceso de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e dos centros de formación dependentes, logo dunha fase piloto desenvolvida en tres oficinas desde decembro de 2024 (Pontevedra-Pontevedra Bisbarra, A Coruña Centro e Santiago Norte) na que que rexistraron máis de 2.000 xestións. O obxectivo é respostar ás necesidades dunha cidadanía cada vez máis dixitalizada, nun contexto no que as renovacións telemáticas das demandas de emprego pasaron do 33 % en 2019 a superar o 90 % na actualidade.
Ademais xa se implantaron outras ferramentas no SPEG, como EMi, baseada en intelixencia artificial e recoñecida pola Comisión Europea. Esta solución, operativa tamén nas 54 oficinas de Galicia, permitiu xa o perfilado competencial de máis de 108.000 persoas, coa conseguinte potenciación da súa inserción laboral. Tamén hai que salientar o programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, orientado a mellorar a atención dos perfís con maiores dificultades de inserción e a optimizar os recursos dispoñibles. Grazas a esta iniciativa, xa se lle ten ofrecido atención personalizada a case 58.000 persoas, das que unhas 18.400 lograron un traballo.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo