‘A Culpa’, a nova produción de Estudo Momento en coprodución co Centro Dramático Galego, baseada na novela homónima de María Solar, gañadora do Premio Xerais 2022 conta coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia, estrearase o vindeiro 7 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol e en xuño de 2027 no Teatro Colón da Coruña. Preséntase como unha proposta singular que combina teatro e música sinfónica nunha mesma linguaxe escénica.
A compañía define o formato como teatro sinfónico, unha fórmula na que palabra,
interpretación, espazo, movemento e partitura forman parte dunha mesma arquitectura dramatúrxica.

A adaptación teatral está asinada por Xoán C. Mejuto, que codirixe a montaxe xunto a Iria Ares e participa tamén como intérprete. A historia segue a Amanda, unha empregada de banca de Santiago que recibe unha inesperada herdanza dunha misteriosa multimillonaria arxentina e emprende unha viaxe a Bos Aires para descubrir as razóns dunha decisión aparentemente inexplicable. A investigación levaraa a reconstruír unha historia marcada pola emigración, a memoria, os silencios e a culpa.
A música orixinal foi composta por Gabriel Bussi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia. Na estrea, a partitura será interpretada en directo por unha formación de cámara de sete músicos vencellados á OSG. Posteriormente, unha formación de 35 intérpretes da orquestra gravará a banda sonora orixinal do espectáculo, o que permitirá a circulación da obra tanto nun formato con música en directo como cunha versión sinfónica gravada.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo