Alan Parsons, o lendario músico, produtor e enxeñeiro de son recoñecido mundialmente, presentará o seu aclamado espectáculo en directo no Palacio da Ópera da Coruña o vindeiro 24 de xuño de 2025. . As entradas para o concerto están á venda a través de Ataquilla.


Esta actuación supón unha oportunidade excepcional para experimentar a música dun verdadeiro «mestre sónico do rock progresivo«, gañador dun premio Grammy. Cunha carreira que abrangue décadas, Alan Parsons comezou a súa andaina nos icónicos estudios Abbey Road, onde traballou como enxeñeiro asistente nos últimos álbums de The Beatles e foi o enxeñeiro do fundamental The Dark Side Of The Moon de Pink Floyd. Como produtor, logrou éxitos notables con artistas como Al Stewart (Year Of The Cat), Pilot, John Miles e Steve Harley.


En 1975, cofundou The Alan Parsons Project xunto a Eric Woolfson, creando unha serie de álbums que definiron unha era, incluíndo Tales Of Mystery And Imagination, I Robot, Pyramid e o mundialmente famoso Eye in the Sky. Tras a disolución do Project, Parsons continuou a súa carreira en solitario e co Alan Parsons Live Project, levando a súa música a audiencias de todo o globo.

No concerto da Coruña, no marco do The Show Must Go On Tour, Parsons (teclado, guitarra e voces) estará acompañado pola súa banda actual: P.J. Olsson (voz), Tom Brooks (teclados), Guy Erez (baixo e voces), Jeff Kollman (guitarra e voces), Danny Thompson (batería) e Todd Cooper (saxo, percusión e voces). Interpretarán os grandes éxitos da súa carreira nun espectáculo que combina mestría musical e innovación tecnolóxica.


Ademais das súas 13 nominacións aos Grammy e outros galardóns como o Les Paul Award o Grammy ao Mellor Album de Audio Inmersivo (2019), Parsons é autor da serie didáctica The Art & Science Of Sound Recording e participou activamente en causas benéficas como o evento One 805 KICK ASH BASH.

Deja un comentario

Más noticias....

Descubre más desde Esto pasa en Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo